Música

lunes, 7 de septiembre de 2015

Encerro.

Non sei nin por onde comezar a expresar esta aglomeración de sentimentos que vai apoderandose da miña cabeza pouco a pouco, coma unha plaga que avanzando lentamente sen piedade se fai dona de cada un dos meus pensamentos. Sinto afogo, rabia, claustrofobia... Sintome engaiolado entre catro paredes, sinto que me falta o aire, sinto que afogo, que estou só. Quero berrar pero ninguén parece disposto a escoitarme. A cabeza dame voltas e mais voltas cada noite, sequera son quen de conciliar o sono.
Non deixo de mirar atrás, de recordar tempos mellores, de pensar en días nos que non existían as preocupacións. As compañas, os sorrisos daqueles momentos e os recordos non fan mais que avisarme de todo o que deixei marchar, vivencias que non volverán.
Xa son case as 12 da noite, as suores frías, a dor de cabeza e os mareos comezan a aflorar. Tras unha semá sen durmir, sinto que as horas transcorren moi lentamente entre estas catro paredes, coma se o reloxo non tivese presa por moverse, coma se o meu sufrimento estivese desexando eternizarse.
Doeme incriblemente a testa, sinto o latexar do meu corazón completamente acelerado nas veas do meu pescozo, fáltame aire. Fáltame compaña e sóbrame soidade.
Tan só estamos eu e a oscuridade do cuarto. Eu e os meus pensamentos, eu e as tebras, eu e a dor, eu, tan só, eu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario